miércoles, 13 de marzo de 2013

Miña Terra Galega



Voltei de #kddou 13 convertido nun galego. Pensei que estas cousas só ocorrían nas novelas de Kafka, pero só ata que me pasou a mín, ainda que, agora que o pensó, non creo que fora de repente, como lle pasou a Gregorio Samsa, @gsamsa, se non que dalgunha maneira veuse producindo unha galeguización paulatina ao longo dos últimos meses.


Dende que probei por primeira vez gustaronme as empenadas de berberechos, as centolas da ría e as ostras de Arcade, pero como só tiven ocasión de degustar estes manxares nun par de ocasións na miña vida, ben, cicais tres, non lle tiña dado importancia ao feito de querer repetir a experiencia en canto a miña economía mo permitise. Certamente, empecei a sospeitar algún síntoma de que as cousas non iban ben cando trataba de racionalizar a miña simpatía, como de frechazo, por @manelrives e Ana Mariño, a @mestraprimaria, sobre todo polo primeiro, xa que á segunda non podes coñecela sen quedar prendado, ainda que tampoucol lle daba moita importancia xa que tanto Rajoy como Rouco son galegos e en certa medida viñan a contrarrestar as miñas repentinas querencias.
Notei que a cousa se agravaba cando coñecín á escultural @MiriamLeiros e que adquiría tintes inequívocos de galleguismo cada vez que estaba con @o_fragha. Cicais, a lexendaria noite na que nos contou o entroido de Laza, debería terme feito disparar as alarmas de que as cousas non iban ben e que estaban empezando a escapar ao meu control, pero hai veces nas que un non quere ver. Un segundo momento de agudización do mal, debei ser o #fraganato, que funcionou no nivel psicosomático coma unha bomba de neutróns no bélico, polo que non poiden por menos que liarme a manta á cabeza e xunto a @carmeniglesiasb, plantarnos en Ourense este último decembro a coñecer a @Belencinha73 e a comer a Celanova, con ela e con @o_fragha. Por si algo me faltaba atópome con que Belén nos enche de atención e simpatías, como se nos coñecese de toda a vida. Carallo. Nese punto debeu iniciarse a metástese, á que eu iba facilitando as cousas en canto empecei a ler poemas de Celso Emilio Ferreiro, descuberto para mín polo mesmo que tivo a ben pagar a conta da comida en Celanova. Pero cando fai un par de semanas tiven a ben aloxar na miña casa ás dúas partes do #fraganato e ás miñas queridísimas Maru @marudo76 e Lola @lolaprieto, as miñas posibilidades de curación deberían ser mínimas, pero sen embargo ainda permanecía ignorante da miña dramática situación. Para colmo ocórreseme acudir a Ourense ao toque de kdd. Quen pode resistirse a un MD de Miriam? Nin siquera @pepetic. Ademáis, que teriades feito vós de saber que á mesma se anotaran @crisdialpe e @javi3150, @londones e Juan, @vcuevas, @jhergony, @flosflorum, @puerto e o seu marido, @pepegiraldez, do que me tiñan chegado novas de que era galego, pero non tanto. E que o tío é de Celanvoa, modestia fóra, e @javisociales, @marudo76 e @mcadenato,? Eh, decídeme.


A proba definitiva da miña metamorfose como galego, foi cando, xa de volta ao hotel o sábado pola noite, non sabía se o ascensor subía ou baixaba, que iso é algo que só lles pasa aos nativos. É o viño!, diciame @carmeniglesiasb, pero eu sabía que para entón xa estaba deshauciado. Se é que ademáis iba tarareando unha canción de Andrés do Barro! que creo lembrar se chamaba O tren



Quíxenvos advertir disto que me ocorre porque apreciei nas vosas caras síntomas precoces que poden derivar nun proceso similar ao meu. Vin o arroubo m´sitico debuxado nas caras dalgúns féminas cando escoitaban a @jguede referirnos as historias asociadas ás pedras da cidade. Incluso escoitei algún salaio. Home, o chaval non é para menos. Menuda labia, e qué erudición. Outro que inocula o galleguismo en canto te descuidas, pero a mín xa non me collen desprevido. Para a parte masculina puxeronnos de cebo a gracia de @MiriamLeiros. Ou vés da Galitzia dos Cárpatos e polo tanto xa eres galego de nacemento, ou non hai quen se resista a deixarse levar. Vin tamén rostros felices que comían polvo na taberna, e que se sentían galegos ata a médula, incluso o marido de @puerto, que é estremeño falaba con acento do Barco de Valdeorras e teño algunha proba gráfica. Debía ser cousa de meigas.


A miña querida Cris, @crisdialpe, parecía unha boneca de porcelana con esa pel blanca e fina, como a cor de Los Torozos, sonrinte e feliz, degustando polvo e alegrándonos a vista. Tamén algo preocupada, con respeto a certo asunto familiar, pero iso non é tema para a crónica. A outra que o demo de @o_fragha lle predixo o futuro non fai moito, ainda que debería casarse en Compostela se quere que vaiamos vestidos de marineriños con pantalón corto a levarlle a cola. Ó noivo, @javi3150, que xa pasaría por natural de Xinzo de Limia, non sei o que lle farían a noite anterior, pero a xuzgar pola cara de cansancio, o sono acumulado e as olleiras ata os pés, o feitizo da meiga Miriam debeu funcionar á perfección, posto que, a pesar de todo, alí estaba dende o sábado ben cedo (debeu erguerse a iso das 13 horas), coa sonrisa posta e decidido a ser de nobo o cerrabares da noite anterior. Creo que os da cerveza lle van conceder unha estrela, Galicia, por suposto.



Quenes pensó que tampouco teñen remedio son Marcos e Maru. Estes van a pola laureada de Santiago, ou se non xuzgadeo por vós mesmos. O primeiro, xa é parella de feito do Fraga no #fraganato, que Terán que voltar a reeditar algunha vez, digo eu; e Maru, porque acude sen pensalo duas veces dende Mallorca ata Ourense, a iluminar Galicia coa súa sonrisa franca e aberta e a colmarnos a nós de mimos. Teño para min que tamén están encantados, posto que creo lembrar escoitar algún sufixo en –iño con acento bilbaíno. Por un lado é un alivio que os teus mellores amigos tamén estén infectados, posto que podemos programar visitas conxuntas a San Andrés de Teixido ou a Ourense para aprender a tocar a gaita. Ainda que este instrumento se lle daría mellor ao meu grande amigo, o xenial @pepetic. Hai que ver o que disfruta e hai que ver o que disfuto. Rexuvenecemos ambos e volvemos ás nosas tolerías xuvenís. O de rexuvenecer digoo no sentido literal da palabra, porque saímos da burga coa pel tersa dun de trinta. Tanto é así, que un grupo de señoras tirounos os texos na terma. Iso é que a auga quente templa tamén a temperatura interior. Que disfute!!! E iso que non nos deixaron meter á pisicna a botella de augardente de herbas que nos regalou o empresario do bar no que comemos, con tres vasos de chupito para que non nos faltara de nada. Ver a Puerto, a Carmen e a Mar con esa sonrisa posta durante o baño, e tan relaxadiñas despois, mereceu a pena. E ademáis gratis. Os de taller de sesta non saben o que se perderon, ainda que tamén poderíamos dicir, facendo uso do meu recén estreado galleguismo, que non sabemos nós o que eles poideron gañar, que unha sesta é unha sesta… J) Quen sabe. Sexa como fora, unha das cousas polas que me gosta terme volto galego de repente é precisamente por poder ir ás Burgas cando queira. Ainda que sexa as de pago, que me dixo @pepetic que están moito mellor que as de seguro. Así teremos unha boa disculpa para voltar ver a María Jesús (Susi) e a María Isabel Vázquez @recantodastics, coas que teño a corazoada de que me vou levar ben. O de rexuvenecemento aínda continuaba pola noite no garito do taller de gintonics, no que me transmutei en min mesmo con 25 anos menos, cando ainda estaba na facultade, escoitando en directo música reinvindicativa, facendo coro nos estribillos e bailando sen despegar os pés do chan, como bo galego. Momentazo apoteósico. Ainda que non debeu ser menos o da noite do venres a xuzgar polo axiño que fixeron mute polo forro @pepegiraldez, @javisociales, que tivo a ben rebaixarnos a media de idade durante toda a quedada e atraerse as miradas das nosas mulleres, @MiriamLeiros, falta de sono, e a gran @londones, dona Díriga, que ou ben polo vértigo ou ben polo cansancio acumulado con tanto traballo como desenvolve, iba a relentí, cando habitualmente ten a enerxía dun fórmula 1. Pero ela non para, co seu inseparable Juan. Veremonos axiña Mercedes, con ese proxecto tan bonito que me contaches e encantarame voltar a estar con vós. A que tamén se retirou a noite do sábado foi @puerto, a chinata de pelo vermello, que debeu quedar derrengada tras hora e media de baño quente na terma de Calpurnia; e o amigo Pepe Giráldez, como xa dixen, galego trasplantado ao Colexio Base, que non dubidou en ir a súa terra mater a recargar baterías. E tanto, porque vin algunha foto con Javi diante da preciosa capela mozárabe de San Miguel, en Celanova, patria chica de Giráldez, do Fraga, de Celso Emilio e de Curros Enríquez. Vaia póker!


Mentras tanto ainda me corre polas veas o mencía, o meu corpo destila ainda o bouquete do godello e o pimentón do polbo debeuseme quedar nalgún esquinazo da boca, porque de vez en cando me veñen bafaradas de picor que me obrigan a botar un trago para disipalo e deume como de repente por poñerme a afiar os coitelos de toda a casa. Iso só nos pasa aos de Ourense. De momento, e para evitar a morriña, xa teño controlado un bar onde podo parar a beber unha Estrella Galicia, ou dúas, ainda que necesito con urxencia un froiteiro que me proporcione grelos. Polo demáis, rescatei da arca as pegatinas de Nunca Máis, os discos de Os Resentido e Siniestro total, e como o que non quere a cousa acabo de colocarme fai uns intres un anaco de empanada de zamburiña e berberechos, que me deixou o corpo vacinado de Saudade polo menos para 12 horas.

E unha vez que sain do armario e  desveleivos a miña auténtica nacionalidade, non podo acabar sen agradecer a José Luis Guede esa visita turística, chea de anécdotas, de bo humor e de humilde sabiduría; os desvelos e atención de Miriam, sempre pendente de todo e de todos, atenta ás nosas necesidades e servicial cos nosos entoxos; de José Antonio, artífice, mestre de ceremonias, cicerone, madrugador, trasnoitador e infatigable; e por suposto de Belén, que dende a súa discreción e como quen non quere a cousa estivo ao pé do cañón da mañá á tarde, da tarde á noite, da noite á madrugada, para que pudésemos disfrutar dos seu semblante apacible.


De momento, é todo. Vémonos en San Andrés de Teixido, mismamente…;-)) Brindo por ilo. Con ribeiro, naturalmente…;-))



Nota: Si alguien necesitase traducción al castellano, rogamos se ponga en contacto con José Antonio @o_fragha, que está en proceso de castellanización y os agradecerá la petición.

16 comentarios:

  1. O sea, que vas un fin de semana a Ourense y vuelves escribiendo en gallego perfectamente. Lo dudo, aunque viniendo de ti, cualquier cosa. Pasé seis o siete años estudiando francés y no tengo ni p... idea (lo de p... es igual a "pajolera").
    Ahora que recuerdo, uno de tus ascendientes, abuelo o bisabuelo, era portugués (idioma muy parecido). De ahí tu facilidad para aprenderlo en dos días. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Querido Antonio, no son mis ascendientes gallegos, ni mi facilidad para los idiomas, que está en el mismo nivel que la tuya, es, sin duda el pulpo con cachuelos y el vino mencía el que obra el milagro, sobre todo este último, que te aporta el don del lenguaje. Si hubiesen tenido vino en Babel, hubiesen acabado la torre, aunque hubiese quedado como la de,Pisa. En todo caso el vino es divino y por eso lo consagran hasta los curas

      Eliminar
  2. Agradecido por la parte que me toca y porque el destino nos ha cruzado, pero sobre todo.... sorprendidísimo, que caladiño o tiñas, agora que Méndez Ferrín ten deixado a Real Academia da Lingua Galega dabas un bo substituto. Eu propóñoche a "A" de albariño, o "G" de godello ou "M" de mencía. Brindarem o s von Estrella, Galicia, por descontado. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Será por letras..., ahí está la c de centolla, la n de nécora, la l de lacón, la o de orujo, la q de queimada..., en fin, que la cuestión importante es, como bien dices, haber podido coincidir, y siendo arrieros, en el camino volveremos a encontrarnos. Ha sido un auténtico placer, tocayo. Hasta pronto.

      Eliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tengo que conseguir esas fotos de las termas como sea, Pepe, seguro que dan para hacer un post. Me alegró enormemente que estuvieses en Ourense, por ver a Mar, claro..., aunque luego me alegré también de verte a ti. ;-)) Creo que hemos pasado 24 horas con 24 amigos que no se nos olvidarán ni en 24 años. Yo ya estoy preguntándome cuándo será la próxima, que se me acabó ya el oruxo....;-)

      Eliminar
  4. Sin palabras. Eres una caja llena de sorpresas y siempre me toca el bombón. ¡Qué suerte la mía! Muakssssss

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ya sé que lo de bombón no es para mi; si lo fuera habrías hecho una mención a los bombones rellenos de licor, pero te perdono que andes piropeando a otros por ahí, siempre y cuando me sigas dando a mi tanto afecto y cariño en las reuniones presenciales. Gracias Maru. Nunca me falta tu comentario, ni tu amistad.

      Eliminar
  5. Eres un caminante de zurrón y buena conversación al que da gusto leer y con el que es un enorme placer conversar.
    Gustáronme tus brindis, tu sonrisa y tu grata compañía.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Anda! ¡Como Labordeta! Por lo del zurrón lo digo, que además es una palabra que me gusta mucho. Al igual que tú, Mercedes. Tendremos muchas ocasiones para conversar, para brindar, para reir, para beber, para vivir. La primera, homenajeando a Machado, espero. Un besazo, guapa.

      Eliminar
  6. José... Non sei como o fixeches, pero despois de ler isto non teño palabras para dicir o que sinto, e mira que é raro, xa sabes que non calo nin baixo a auga da burga.
    A verdade é que non teño verbas para expresar todo o que sentín eses dias que estivestedes na miña terra, na miña casa. Só sinto non poder desdoblarme, o mellor, cuadriplicarme, para poder ter falado e rido con cada un de vós durante máis tempo.
    No meu corazón xa quedaron gravados para sempre o sentir de eses dias, a beira dos poemas de Celso Emilio, que como xa sabes é o máis grande poeta de tódolos tempos

    ResponderEliminar
  7. Cuidado con lo que deseas, Fraga, no siendo que se nos vaya a conceder el don de la ubicuidad y nos toque trabajar en dos sitios a la vez por el mismo sueldo. Tu ya te multiplicaste por varios, atendiste a todos, compartiste espacios, tiempos, lugares, chistes, risas, vinos, cervezas, bailes, conversaciones y compañía con los que allí estuvimos. Ha sido una quedada increíble, de verdad, pero el mérito es de las personas, de las que acudieron y de las que nos recibieron. Me sentí como si estuviera en casa, gracias a vuestras atenciones. Yo ya estoy deseando volver para empadronarme en Celanova. Gracias amigo. Besos a Belén. Y a ti también, qué coño, te los mereces.

    ResponderEliminar
  8. Una quedada, como las de siempre: llena de buenas conversaciones y buenas risas. Ha sido especial, quizá mi última quedada de soltera. Menos mal que os veré vestidos de marineritos llevando los anillos ;)
    Ha sido un lujo estar con vosotros allí y compartir tantas buenas risas y tantos momentos de complicidad y buen rollo.
    Como siempre, un placer. Un beso enorme a todos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ver a Fraga en pantalón corto, con trajecito de comunión y con el gorrito de marinero, debe ser tal espectáculo que sería tu as en la manga para seguir soltera: no habrá cura capaz de soportar la risa y eso invalidaría la ceremonia. Aunque, no te preocupes, que también hay vida después de casada. Estupenda quedada con gente estupenda. Como tú.

      Eliminar
  9. José Luis, un placer como siempre coincidir con todos vosotros y, como dice Fragha, si dura un día más no lo cuento. Regresamos cansados, pero contentos de veros, de estar compartiendo con vosotros mesa y palabra y de reafirmar una tímida amistad que comenzó hace ya un tiempecito en Peñaranda de Bracamonte. Aquí estamos y aquí seguiremos...¡Un besazo a toda la kddou13!
    Ah placer rememorar todos los instantes con tu espléndida crónica. ¡Muchas gracias!

    ResponderEliminar
  10. Muchas gracias Marcos. Lo que nos ocurre es que nos entregamos tan a fondo en las cosas que luego tardamos una semana en recuperar. Pero somos así y eso no lo vamos a cambiar a nuestra edad...;-+)) Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar