Voltei de #kddou 13 convertido nun galego. Pensei que estas cousas só
ocorrían nas novelas de Kafka, pero só ata que me pasou a mín, ainda que, agora
que o pensó, non creo que fora de repente, como lle pasou a Gregorio Samsa, @gsamsa,
se non que dalgunha maneira veuse producindo unha galeguización paulatina ao
longo dos últimos meses.
Dende que probei por primeira vez gustaronme as empenadas de
berberechos, as centolas da ría e as ostras de Arcade, pero como só tiven
ocasión de degustar estes manxares nun par de ocasións na miña vida, ben,
cicais tres, non lle tiña dado importancia ao feito de querer repetir a
experiencia en canto a miña economía mo permitise. Certamente, empecei a
sospeitar algún síntoma de que as cousas non iban ben cando trataba de
racionalizar a miña simpatía, como de frechazo, por @manelrives e Ana Mariño, a
@mestraprimaria, sobre todo polo primeiro, xa que á segunda non podes coñecela
sen quedar prendado, ainda que tampoucol lle daba moita importancia xa que tanto
Rajoy como Rouco son galegos e en certa medida viñan a contrarrestar as miñas
repentinas querencias.
Notei que a cousa se agravaba cando coñecín á escultural @MiriamLeiros e
que adquiría tintes inequívocos de galleguismo cada vez que estaba con
@o_fragha. Cicais, a lexendaria noite na que nos contou o entroido de Laza,
debería terme feito disparar as alarmas de que as cousas non iban ben e que
estaban empezando a escapar ao meu control, pero hai veces nas que un non quere
ver. Un segundo momento de agudización do mal, debei ser o #fraganato, que
funcionou no nivel psicosomático coma unha bomba de neutróns no bélico, polo
que non poiden por menos que liarme a manta á cabeza e xunto a
@carmeniglesiasb, plantarnos en Ourense este último decembro a coñecer a @Belencinha73
e a comer a Celanova, con ela e con @o_fragha. Por si algo me faltaba atópome
con que Belén nos enche de atención e simpatías, como se nos coñecese de toda a
vida. Carallo. Nese punto debeu iniciarse a metástese, á que eu iba facilitando
as cousas en canto empecei a ler poemas de Celso Emilio Ferreiro, descuberto
para mín polo mesmo que tivo a ben pagar a conta da comida en Celanova. Pero
cando fai un par de semanas tiven a ben aloxar na miña casa ás dúas partes do
#fraganato e ás miñas queridísimas Maru @marudo76 e Lola @lolaprieto, as miñas
posibilidades de curación deberían ser mínimas, pero sen embargo ainda
permanecía ignorante da miña dramática situación. Para colmo ocórreseme acudir
a Ourense ao toque de kdd. Quen pode resistirse a un MD de Miriam? Nin siquera
@pepetic. Ademáis, que teriades feito vós de saber que á mesma se anotaran
@crisdialpe e @javi3150, @londones e Juan, @vcuevas, @jhergony, @flosflorum,
@puerto e o seu marido, @pepegiraldez, do que me tiñan chegado novas de que era
galego, pero non tanto. E que o tío é de Celanvoa, modestia fóra, e
@javisociales, @marudo76 e @mcadenato,? Eh, decídeme.
Quíxenvos
advertir disto que me ocorre porque apreciei nas vosas caras síntomas precoces
que poden derivar nun proceso similar ao meu. Vin o arroubo m´sitico debuxado
nas caras dalgúns féminas cando escoitaban a @jguede referirnos as historias
asociadas ás pedras da cidade. Incluso escoitei algún salaio. Home, o chaval
non é para menos. Menuda labia, e qué erudición. Outro que inocula o galleguismo
en canto te descuidas, pero a mín xa non me collen desprevido. Para a parte
masculina puxeronnos de cebo a gracia de @MiriamLeiros. Ou vés da Galitzia dos
Cárpatos e polo tanto xa eres galego de nacemento, ou non hai quen se resista a
deixarse levar. Vin tamén rostros felices que comían polvo na taberna, e que se
sentían galegos ata a médula, incluso o marido de @puerto, que é estremeño
falaba con acento do Barco de Valdeorras e teño algunha proba gráfica. Debía
ser cousa de meigas.
A miña querida
Cris, @crisdialpe, parecía unha boneca de porcelana con esa pel blanca e fina,
como a cor de Los Torozos, sonrinte e feliz, degustando polvo e alegrándonos a
vista. Tamén algo preocupada, con respeto a certo asunto familiar, pero iso non
é tema para a crónica. A outra que o demo de @o_fragha lle predixo o futuro non
fai moito, ainda que debería casarse en Compostela se quere que vaiamos
vestidos de marineriños con pantalón corto a levarlle a cola. Ó noivo,
@javi3150, que xa pasaría por natural de Xinzo de Limia, non sei o que lle
farían a noite anterior, pero a xuzgar pola cara de cansancio, o sono acumulado
e as olleiras ata os pés, o feitizo da meiga Miriam debeu funcionar á
perfección, posto que, a pesar de todo, alí estaba dende o sábado ben cedo
(debeu erguerse a iso das 13 horas), coa sonrisa posta e decidido a ser de nobo
o cerrabares da noite anterior. Creo que os da cerveza lle van conceder unha
estrela, Galicia, por suposto.

Quenes pensó
que tampouco teñen remedio son Marcos e Maru. Estes van a pola laureada de
Santiago, ou se non xuzgadeo por vós mesmos. O primeiro, xa é parella de feito
do Fraga no #fraganato, que Terán que voltar a reeditar algunha vez, digo eu; e
Maru, porque acude sen pensalo duas veces dende Mallorca ata Ourense, a
iluminar Galicia coa súa sonrisa franca e aberta e a colmarnos a nós de mimos.
Teño para min que tamén están encantados, posto que creo lembrar escoitar algún
sufixo en –iño con acento bilbaíno. Por un lado é un alivio que os teus
mellores amigos tamén estén infectados, posto que podemos programar visitas
conxuntas a San Andrés de Teixido ou a Ourense para aprender a tocar a gaita.
Ainda que este instrumento se lle daría mellor ao meu grande amigo, o xenial
@pepetic. Hai que ver o que disfruta e hai que ver o que disfuto. Rexuvenecemos
ambos e volvemos ás nosas tolerías xuvenís. O de rexuvenecer digoo no sentido
literal da palabra, porque saímos da burga coa pel tersa dun de trinta. Tanto é
así, que un grupo de señoras tirounos os texos na terma. Iso é que a auga
quente templa tamén a temperatura interior. Que disfute!!! E iso que non nos
deixaron meter á pisicna a botella de augardente de herbas que nos regalou o
empresario do bar no que comemos, con tres vasos de chupito para que non nos
faltara de nada. Ver a Puerto, a Carmen e a Mar con esa sonrisa posta durante o
baño, e tan relaxadiñas despois, mereceu a pena. E ademáis gratis. Os de taller
de sesta non saben o que se perderon, ainda que tamén poderíamos dicir, facendo
uso do meu recén estreado galleguismo, que non sabemos nós o que eles poideron
gañar, que unha sesta é unha sesta… J)
Quen sabe. Sexa como fora, unha das cousas polas que me gosta terme volto
galego de repente é precisamente por poder ir ás Burgas cando queira. Ainda que
sexa as de pago, que me dixo @pepetic que están moito mellor que as de seguro.
Así teremos unha boa disculpa para voltar ver a María Jesús (Susi) e a María Isabel Vázquez
@recantodastics, coas que teño a corazoada de que me vou levar ben. O de
rexuvenecemento aínda continuaba pola noite no garito do taller de gintonics,
no que me transmutei en min mesmo con 25 anos menos, cando ainda estaba na
facultade, escoitando en directo música reinvindicativa, facendo coro nos
estribillos e bailando sen despegar os pés do chan, como bo galego. Momentazo apoteósico. Ainda que non debeu ser
menos o da noite do venres a xuzgar polo axiño que fixeron mute polo forro @pepegiraldez, @javisociales, que tivo
a ben rebaixarnos a media de idade durante toda a quedada e atraerse as miradas
das nosas mulleres,
@MiriamLeiros, falta de sono, e a gran @londones, dona
Díriga, que ou ben polo vértigo ou ben polo cansancio acumulado con tanto
traballo como desenvolve, iba a relentí, cando habitualmente ten a enerxía dun
fórmula 1. Pero ela non para, co seu inseparable Juan. Veremonos axiña Mercedes,
con ese proxecto tan bonito que me contaches e encantarame voltar a estar con
vós. A que tamén se retirou a noite do sábado foi @puerto, a chinata de pelo
vermello, que debeu quedar derrengada tras hora e media de baño quente na terma
de Calpurnia; e o amigo Pepe Giráldez, como xa dixen, galego trasplantado ao
Colexio Base, que non dubidou en ir a súa terra mater a recargar baterías. E
tanto, porque vin algunha foto con Javi diante da preciosa capela mozárabe de
San Miguel, en Celanova, patria chica de Giráldez, do Fraga, de Celso Emilio e
de Curros Enríquez. Vaia póker!
E unha vez que
sain do armario e desveleivos a miña
auténtica nacionalidade, non podo acabar sen agradecer a José Luis Guede esa
visita turística, chea de anécdotas, de bo humor e de humilde sabiduría; os
desvelos e atención de Miriam, sempre pendente de todo e de todos, atenta ás
nosas necesidades e servicial cos nosos entoxos; de José Antonio, artífice,
mestre de ceremonias, cicerone, madrugador, trasnoitador e infatigable; e por
suposto de Belén, que dende a súa discreción e como quen non quere a cousa
estivo ao pé do cañón da mañá á tarde, da tarde á noite, da noite á madrugada,
para que pudésemos disfrutar dos seu semblante apacible.
De momento, é
todo. Vémonos en San Andrés de Teixido, mismamente…;-)) Brindo por ilo. Con
ribeiro, naturalmente…;-))
Nota: Si alguien necesitase traducción al castellano, rogamos se ponga en contacto con José Antonio @o_fragha, que está en proceso de castellanización y os agradecerá la petición.

.jpg)